Sede electrónica Concello de Trazo

01:27:12 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións dirixidas as familias para material escolar 2021-22

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento para a solicitude de subvencións dirixidas ás familias para material escolar 2021/2022.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o día 15 de outubro de 2021.

  • Solicitude normalizada conforme o anexo I.
  • Declaración xurada das axudas solicitadas ou concedidas por calquera organismo público ou privado con destino ou mesma finalidade, dado que en ningún caso o importe das axudas poderá superar o gasto realizado, conforme o anexo II.
  • Certificado de convivencia (e obrigatorio a súa presentación para as familias que non esten empadroadas no Concello de Trazo).
  • Copia do DNI do pai, nai ou titor.
  • Libro de familia.
  • Certificado do número de conta bancaria, sendo titular a proxenitora ou proxenitor solicitante.
  • Xustificantes de ingresos dos membros da unidade familiar (última declaración da renda ou no seu defecto: nóminas, certificacións de ser demandante de emprego, xustificantes de prestacións...).
  • Certificación do centro educativo no que se acredite a matrícula no centro de ensinanza en Trazo.
  • Certificado de discapacidade, de ser o caso.

Tamén se poderán achegar no momento da solicitude os xustificantes dos gastos realizados.

Nome: Solicitude de subvencións dirixidas as familias para material escolar 2021-22.

Unidade tramitadora: Intervención.

Inicio do procedemento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo. (no noso caso sacarase unha resolución que se notificará a todos os interesados para que posteriormente procedan a xustificación da axuda, en caso de ser concedida, como data límite o día 15 de decembro)

Prazo de execución: 6 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.